Friday 10 de May de 2024

Mañá abre o prazo de inscricións para novas altas no programa municipal de envellecemento activo


Aqueles veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en apuntarse por primeira vez ás actividades de ximnasia, taller de memoria e ioga e relaxación poderán facelo os días 19, 20, 21 e 22 de setembro chamando ao teléfono 981 61 00 00 en horario de 4 a 8 da tarde. As persoas xa inscritas incorporáronse aos seus respectivos grupos o pasado 11 de setembro.

O programa de envellecemento activo do Concello de Oleiros contempla numerosas intervencións encamiñadas ao mantemento dunha vida activa e plena da poboación maior de 60 anos. O obxectivo é mellorar a condición física, social e cognitiva das persoas maiores.